Accueil Manifeste Manifesto

Manifesto

Non nos quitarán as nosas loitas !

polo Coletivo Irrécupérables [1]

Nós, homosexuais, lesbianas, gais, bisexuais, trans, intersex, queers, maricas, bolleras, rexeitamos a instrumentalización racista, islamófoga e neo-liberal das nosas vidas e das nosas batallas. Avogamos pola solidariedade e a conexión de todas as loitas.

Somos Irrécupérables porque rexeitamos as normas sexistas e homófogas. As nosas vidas e a historia das nosas loitas están marcadas pola invisibilidade, a confiscación das nosas voces, as violencias do Estado francés e as discriminacións. Loitamos e seguimos lointando pola afirmación das nosas identidades múltiples, pola nosa visibilidade, pola igualdade de dereitos. Esiximos a fin das mutilacións xenitais, estirilizacións e tratamentos non consentidos a nenxs e adultxs intersex, o troco de estado civil para as persoas trans sen a obriga da intervención das institucións médicas e xudiciais, a supresión da mención de sexo nos documentos de identidade. Loitamos polo acceso de todxs e sen condicións á Reprodución Asistida e polo recoñecemento xurídico de todas as formas de familias, parentescos e de compañeirismos. Velamos pola aplicación das leis arredor da transcrición ao Rexistro Civil francés dxs nenxs nadxs por maternidade subrogada e arredor da erradicación das discriminacións homófogas (no acceso á vivenda, ao emprego, á Xustiza, etc.). Reclamamos unha verdadeira sensibilización da xente máis nova á deconstrución dos estereotipos de xénero, a cal é imprescindíbel para previr as violencias sexuais, sexistas e homófogas. Doutra banda, negámonos a que o noso acceso aos dereitos dependa obrigatoriamente da nosa validación das normas heterosexuais, sexistas e capitalistas que pretenden « integrarnos » e asimilarnos na súa « República ».

Somos Irrécupérables porque non seremos as brincadeiras rosas e azuis dunha axenda racista e islamófoga. Nagámonos a que algúns se troquen, dentro de Franza e fóra, en defensores progresistas e exemplares dos nosos dereitos, namentres instrumentalizan as nosas loitas contra a homofobia e o sexismo con fins racistas. Opómonos a todos os discursos, desde a ultradereita até unha esquerda autoproclamada « republicana », baseados nun imaxinario colonial, que presupoñen que o sexismo, a homofobia, a transfobia só existen en determinados sitios dos arrabaldes de París, e son propios dxs musulmxns (ou de quen se supor que o for) e das clases máis precarias. Todo o contrario : a homofobia, a transfobia e o sexismo atravesan a historia pasada e presente da sociedade francesa e estructúranna, sendo producidos e lexitimados sobre todo polos círculos de poder. Pasa o mesmo co antisemitismo : denunciámolo onde sexa, coma a instrumentalización da loita contra o antisemistismo ca fin de estigmatizar ás minorías musulmanas e aos barrios populares.

Somos Irrécupérables porque estamos onde non nos agardan. Agora que o Estado francés xa admitiu a existencia da homofobia e da transfobia, queren deixarnos crer que somentes as persoas non brancas son homófogas e transfobas, e que as « minorías » raciais e as « minorías » sexuais somentes poden estar enfrontadas. Por exemplo, suponse que a homofobia dun cantante de rap negro ou dun imám ameaza a integridade da República francesa, pero tratarase con compracencia a dun cantautor branco, a dun ministro ou a dun cardeal que relaciona o direito dos homosexuais ca perversión e o terrorismo nunha homenaxe oficial a unha vítima. Un responsábel político dun país do continente africano que pronuncia verbas homófogas despertará a indignación da clase política e mediática, pero non habería que cuestionar o feito de que gran parte dos persoeiros abertamente lesbianas ou gais defenden posturas racistas e islamófogas. Nós negámonos a seguir esa brincadeira. Primeiro destacamos que entre nós, coma no resto da sociedade, hai persoas homosexuais, trans e intersex que tamén son negras, árabes ou musulmanas. Porén, afirmamos a nosa solidariedade con quen sofre homofobia, transfobia e sexismo en calquera parte do mundo, e en especial cas persoas ás que Francia lle nega o asilo. Tamén afirmamos a nosa solidariedade con quen sofre racismo en calquera parte do mundo, en especial cas persoas expostas ás políticas racistas do Estado francés. Fronte á instrumentalización das loitas con fins de división e aos convencementos simplistas dos pseudo-universalistas, asumimos a complexidade da nosa postura e avogamos pola alianza.

Somos Irrécupérables porque nos opomos á violencia e a opresión organizadas polos gobernos franceses de onte e de agora contra os pobres e os precarixs. Loitamos contra as desigualdades sociais, a violencia policial, o tratamento inhumano ás persoas migrantes, as políticas racistas que permiten aínda a existencia dos privilexios dos máis poderosos. A nosa loita contra a homofobia, contra a transfobia, contra o sexismo, tamén é unha loita feminista contra os racismos e as desigualdades de clase, xa que logo estas loitas son inseparábeis : a homofobia e o racismo agravan a precariedade, e a precariedade agrava os efectos da homofobia e do racismo.

Somos Irrécupérables porque non xerarquizamos as nosas indignacións. Aspiramos a denunciar a instrumentalización das nosas loitas for onde for, ainda dentro dun bando que pretende defender os valores da República francesa. Ese mesmo bando é o que non fixo nada cando a sida eivou as nosas comunidades, e non fai nada fronte á taxa alarmante de suicidios entre a xente nova LGBT. Ese mesmo bando é o que non fai nada fronte ás desastrosas políticas sociais e económicas. Ese mesmo bando é o que instrumentaliza a laicidade en calquera momento para xustificar a súa islamofobia e perpetuar patrons coloniais. Ese mesmo bando é o que cando fala das persoas musulmanas, opon o concepto de « universalismo » e o de « comunitarismo », como fixo hai vinte anos fronte ás nosas reivindicacións de igualdade.

Somos Irrécupérables fronte ao falso universalismo da súa « República ».
Somos Irrécupérables, solidarixs, diversxs, ruidosxs, alegres, a-normais, e selo énchenos de orgullo.
Somos Irrécupérables e xa non deixaremos o monopolio da palabra aos enterradores da igualdade.


[1] Irrécupérables é o nome que escollemos por dúas razóns. En francés, « récupérer » nomea o feito  de aproveitarse de ideias políticas alleas en beneficio propio: amosamos así que nos negamos a ser instrumentalizadxs. Por outra banda, o termo « irrécupérables » nomea ás persoas cuxa integración nun grupo social é imposíbel: empregámolo de forma irónica para expresar o noso rexeitamento ás normas heterosexuais, brancas e burguesas.

Traduction : Manuel